AS TAXAS DO CEMITERIO E DOS VADOS COBRARANSE DO 3 DE OUTUBRO AO 3 DE DECEMBRO 2022

28 / SEP / 2022

AS TAXAS DO CEMITERIO E DOS VADOS COBRARANSE DO 3 DE OUTUBRO AO 3 DE DECEMBRO 2022

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 15 de setembro, aprobou os seguintes padróns correspondentes ao exercicio 2020: Padrón fiscal da taxa polo mantenemento do cemiterio municipal e Padrón fiscal da taxa por Entrada de vehículos a través de beirarúas e reserva vía pública.

Quedan expostos ao público durante o prazo dun mes contado a partir do dia seguinte a súa publicación no BOP (22 setembro 2022) para o seu exame e reclamación por parte das persoas interesadas.

Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpor os seguintes recursos:

  • Reposición, perante a alcaldía deste Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
  • Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa interposición, se non o fose.
  • Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren oportuno.

Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 3 de outubro de 2022 ao 3 de decembro de 2022.

Lugar de ingreso: En calquer oficina da entidade ABANCA, entidade colaboradora, empregando os intrumento de ingreso (recibos), que se enviarán ao domicilio declarado do contribuinte por correo ordinario.

En caso de perda o obrigado ao pagamento poderá ata o día 3 de decembro de 2022 obter un duplicado nas oficinas do concello de Sada sita en: Sada: Avda da Mariña, nº 25 ou na Oficina virtual tributaria: sede electrónica de Sada. Oficina virtual tributaria

Os contribuíntes que non tivesen recibidos nos seus domicilios os instrumento de ingreso disporán do mesmo prazo, para solicitalo na oficina indicada, e efectuar o pagamento nas entidades bancarias, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento, e non impide a utilización da vía de constrinximento.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento de constrinximento, o deveño da recarga de prema e demais conceptos esixibles tal e como se fixa nos artigos 26 e 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Arquivado en