27 / NOV / 2023O Concello de Sada e COGAMI organizan o próximo 29 de novembro ás 18 horas na Capela de San Roque unha xornada de sensibilización na que se ofrecerá ás familias información sobre os beneficios da atención temperá.
22 / AGO / 2022O equipo de profesionais deste servizo municipal está formado por unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda, especialistas no eido da atención temperá, que atenderán o servizo de luns a xoves en horario de mañán e tarde e os venres polas mañáns, previa cita, no local anexo aos servizos sociais municipais.
01 / OUT / 2021Entre os obxectivos do servizo está reducir os efectos de calquera déficit ou dificultade sobre o desenvolvemento do neno/a, optimizar o seu desenvolvemento, atender e cubrir as demandas da familia e da contorna no que vive o usuario ou usuaria, etc.