A día de hoxe recibiuse comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para proceder á vacinación das traballadoras da Escola Infantil Municipal Flora Ramos.
A vacinación terá lugar mañá xoves 11 de marzo durante todo o día no centro hospitalario de Oza (A Coruña).
Debido a que todas as traballadoras están citadas para o mesmo día a Escola Infantil abrirá en servizos mínimos o xoves 11 de marzo.
Sendo coñecedores/as dos posibles efectos secundarios que a vacina pode provocar nas traballadoras, sumando a responsabilidade que conleva o traballo que desempeñan as profesionais do centro no coidado das crianzas, nos vemos na obriga de: PECHAR O CENTRO DURANTE A XORNADA DO VENRES 12 DE MARZO.
Agradecemos a comprensión ante un feito tan puntual derivado da situación extraordinaria da pandemia que estamos a vivir.