17 / MAR / 2020
AVISO DO CONSORCIO DAS MARIÑAS EN RELACIÓN Á RECOLLIDA DE LIXO E OS PUNTOS LIMPOS
Desde o Consorcio As Mariñas informan de que, dado o estado de alarma actual:
- Os Puntos Limpos do Consorcio permanecerán pechados.
- Tampouco sairá o punto limpo móbil
Pola contra, os servizos de recollida de resiudos urbanos, en todas as fraccións, así como de mobles e aveños manterán as súas rutinas habituais para garantir o benestar e salubridade da veciñanza.
Desde o Concello de Sada rogamos se cúmpra o horario habitual para tirar o lixo (a partir das 22:00 horas) e se extremen as condutas cívicas que se detallan a continuación.
- Tirar a basura dentro do colector.
- Abstenerse de baixar mobles ou outros enseres sen previo aviso.
- Non saturar os colectores con residuos non aptos como podas, etc.
Agradecemos a colaboración de todas/os.