AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2023-2024

30 / SEP / 2024

AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2023-2024

Convocatoria que ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2023- 2024, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

Concesión ao alumnado das axudas económicas ao transporte co fin escolar para o curso 2023/2024

30/09/2024 - Decreto de pagamento de axudas económicas ao transporte co fin escolar 23-24

19/12/2023 - DECRETO RESOLUCION DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO TRANSPORTE CO FIN ESCOLAR. CURSO 2023-2024

 

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada nun único prazo na anualidade 2024 á entrega do certificado de centro ou boletin de notas.

Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura a continuación (a distancia mínima para percibir a axuda é de 3 km.):

  • De 3 km a 15 km.: 100 euros (por ex. Sada, Bergondo, Betanzos..)
  • - De 16 a 40 km.: 130 euros (por ex. A Coruña..)
  • - De 41 a 80 km.: 180 euros (por ex. Santiago, Lugo..)
  • - Máis de 80 km.: 210 euros (por ex. Pontevedra, etc.)

No caso de que, a vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se supera a contía total fixada na Disposición Final; as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas.

As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles

Beneficiario/as:

Poderán acollerse o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudios dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:

  • - Educación Secundaria Adultos (ESA)
  • - Bacharelato
  • - FP/Ciclos formativos
  • - Estudios universitarios
  • - Calquera estudio oficial homologado estatalmente.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • a) Estar empadroado no Concello de Sada
  • b) Estar empadroado a máis de 3 km. de distancia do centro de estudios
  • c) Estar matriculado nun centro de ensino público
  • d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario.

Non poderán acollerse as persoas que se atopen nos seguintes supostos:

  • - Ter solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben estar matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento.
  • - Cursar estudios de educación primaria ou secundaria (ESO), ou Infantil (3-5 anos)
  • - Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados
  • - Cursar estudios con duración inferior a 6 meses .
  • - A efectos de dar traslado á axencia tributaria das axudas concedidas tomarase como beneficiario ó interesado/a ou o/a representante legal, no caso de minoría de idade, co seu correspondente número de identificación.

Publicación das bases e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esto é ata o 16 de novembro. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.

25/10/2023 - PUBLICACIÓN NO BOP DO EXTRACTO DA CONVOCATORIA DAS AXUDAS AO DESPRAZAMENTO

BASES COMPLETAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2023-2024

ANEXO I

ANEXO II

Arquivado en