La presente convocatoria tiene por objeto a concesión de ayudas económicas a las familias para atender a los gastos originados por el comienzo del curso escolar del alumnado, entendiendo por tales la adquisición de libros, material didáctico complementario, vestuario y otros gastos directamente relacionados.
13/12/2023 - DECRETO DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2023-2024.
01/12/2023 - DECRETO Aprobación listaxe provisional convocatoria de axudas á escolarización para o curso 2023-2024
22/11/2023 - LISTAXE PROVISIONAL SOLICITANTES AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2023-2024
(NA LISTAXE APARECEN OS DNI DOS ALUMNOS/AS SOLICITANTES)
As axudas distribuiranse na forma seguinte:
- • Para estudos de educación infantil de calquera ciclo, un máximo de 40 euros cada unha.
- • Para os estudos de Educación primaria: 50 euros cada unha
- • Para os estudos de FP Básico: 55 euros cada unha
- • Para os estudos de Educación secundaria: 65 euros cada unha (ESO e ESA)
- • Para aquelas familias que acrediten estar percibindo a RISGA ou PNC a axuda incrementarase, na categoría que corresponda, en 30 euros cada unha, sempre e cando cumpran os demais requisitos da presente convocatoria.
- • No caso de unidades familiares que teñan aberto expediente no Departamento municipal de Servizos Sociais e que non reúnan os requisitos para solicitar as axudas, queda aberta a posibilidade da súa concesión segundo a valoración das profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais para aqueles casos que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de risco e/ou desprotección, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social ou educadora familiar do concello, co visto e prace da concelleira de Educación, e o compromiso de cumprimento por parte dos/as usuarios/as dos obxectivos fixados na intervención socio-familiar realizada pola profesional correspondente (traballadora social ou educadora familiar).
Tendo en conta os máximos subvencionables arriba expostos, a contía da subvención nunca será superior ao gasto xustificado.
No caso de que, a vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se supera a contía total fixada na Disposición Final; as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas.
BENEFICIARIOS E BENEFICIARIAS
Terán a condición de beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:
- 1. Estar o/a estudante empadroado no Concello de Sada.
- 2. Cursar algúns dos estudos subvencionables segundo o apartado dous das presentes bases en calquera centro
docente público. - 3. Pertencer a unha unidade familiar que non supere os ingresos anuais segundo o seguinte baremo:
- Nº de membros da unidade familiar Ingresos
- Familias de 2 membros 19.656,00 €
- Id. de 3 membros 23.256,00 €
- Id. de 4 membros 26.856,00 €
- Id. de 5 membros 30.456,00 €
- Id. de 6 membros 33.513,00 €
- Id. de 7 membros 36.422,00 €
- Id. de 8 membros 39.317,00 €
- Consideraranse a estes efectos unidade familiar: aos pais/nais ou titores/as e aos fillos e fillas menores de 18 anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ao 33%. No caso de familias monoparentais, e para cálculo da renda anual, incrementarase en 1 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos proxenitores, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co solicitante de axudas, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica.
- 4. En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario.
- 5. A efectos de dar traslado á axencia tributaria das axudas concedidas tomarase como beneficiario/a o/a representante legal do/da menor co seu correspondente número de identificación.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, dirixidas á alcaldía e asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esto é ata o 16 de novembro.Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.