Banco de Libros da Escola Municipal de Música de Sada

22 / XUN / 2017

Banco de Libros da Escola Municipal de Música de Sada

BANCO DE LIBROS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SADA

FICHA DE ENTREGA DE LIBRO Á E.M.M.S.

FICHA DE SOLICITUDE DE LIBRO Á E.M.M.S.

Para o próximo curso escolar 2017-2018 desde a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde e o equipo directivo da E.M.M.S. propoñen un proxecto de Banco de Libros para fomentar o reciclaxe e reutilización dos libros de texto entre o alumnado da Escola, a través de libros de alumnos/a que finalizan o curso, co compromiso firme de coidalos e reintegralos ao Banco de libros no mellor estado posible ao finalizar o curso.

Conseguir este obxectivo é tarefa de todos os estamentos que forman a Escola Municipal de Música: pais, nais, alumnado e profesorado. A creación do B.D.L. é un proxecto común que permite fomentar valores como: Igualdade, intercambio, conservación, solidariedade, respeto e responsabilidade, así como o conseguinte aforro no gasto en material que teñen que realizar as familias.

Como é a primeira vez que se desenvolve nesta Escola este tipo de proxecto, o fondo inicial crearase cos libros de texto que as familias doen ao depósito de libros. Admitimos libros de calquera curso e de todas as especialidades. A dirección do centro comprométese a manter en bo estado os libros do fondo e o profesorado controlará que o alumnado teña o maior coidado co material prestado.

Poderán ser beneficiarios do B.D.L. todas aquelas familias que estean asociadas ao proxecto e ao corrente do pago das cotas da E.M.M.S.

DECÁLOGO DO BANCO DE LIBROS

1. Todos os libros de texto pasarán a ser propiedade da Escola Municipal de Música do Concello de Sada.

2. Cada libro ten unha etiqueta que o identifica. Non a arranques. É necesaria para controlar toda a vida útil do libro.

3. Escribe o teu nome nos libros só si o/a mestre/a autorízache a facelo e faino sempre cun lápiz.

4. Non estires nin rompas os forros, forra os libros que non estén forrados ou que teñan o forro en mal estado.

5. Si un libro danase ou se perde, comunícao ao teu profesor/a o máis rápido posible.

6. Non escribas nos libros.

7. Si é preciso, copia os exercicios e fainos nun caderno.

8. Ao final de curso hanse devolver todos os libros á Xefa de Estudos (María Rodríguez) ou á Directora (Marta Castanedo)

9. Hai que coidar sempre os libros. Conservalos tal e como a ti che agradaria atopalos.

10. Si todos colaboramos, aproveitaremos os libros durante moitos anos

Arquivado en