Banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero

09 / NOV / 2020

Banda deseñada sobre Ricardo Carvalho Calero

A publicación preséntase o venres 13 de novembro ás 18:00 h na Capela de San Roque.

Sada, 9 novembro de 2020

O venres 13 de novembro ás 18:00 h preséntase na Capela de San Roque de Sada o volume Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra. Este proxecto de banda deseñada é unha iniciativa de AGAL, xunto con Através Editora e Demo Editorial. Os guionistas Xico Paradelo e Irene Veiga e o ilustrador Iván Suárez son os autores deste proxecto que contribúe a difundir a figura e a obra de Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

O libro, que conta con 120 páxinas de banda deseñada e se acompaña de textos propios de Carvalho, fai un percorrido polo pasado e pola historia de Galiza, ao mesmo tempo que se achega á figura do autor homenaxeado a través dunha viaxe biográfica por acontecementos tan relevantes como a súa infancia en Ferrol, a Guerra Civil, a época en que foi catedrático da Universidade de Santiago e a eclosión do reintegracionismo, entre outros.

Trátase sen dúbida dunha novela gráfica que ofrece unha ollada innovadora sobre o papel de Carvalho Calero na construción da lingua e literatura galegas.

Debido ás limitacións de capacidade, as persoas que desexaren asistir á presentación deberán inscribirse a través do correo lingua@sada.gal, indicando o seu nome completo e un teléfono de contacto.