BASES DE PARTICIPACION NA FEIRA SADA COMERCIO 2022

18 / AGO / 2022

BASES DE PARTICIPACION NA FEIRA SADA COMERCIO 2022

As presentes bases teñen por obxecto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de postos de venda de mercadorías por parte do comercio e da hostalaría local, na carpa situada a tal fin na praza situada detrás da Terraza, os días 20 e 21 de agosto do presente ano.

BASES DE PARTICIPACION NA FEIRA SADA COMERCIO 2022

ANEXO I

LISTADO PROVISIONAL SADA COMERCIO AGOSTO 2022

Listado definitivo de participantes admitidos para a colocación de postos no Sada Comercio

 

O número de postos requiridos para levar a cabo o evento será dun mínimo de dez e un máximo de vinte, podendo formar parte desta feira calquera establecemento ou comerciante do Concello de Sada que presente a solicitude en tempo e forma. Os e as participantes poderán solicitar ata dous postos por persoa física ou xurídica (debendo aboar dobremente a taxa, nese caso); no caso de que as solicitudes superen o número máximo de postos habilitados, non haberá opción a ter un segundo posto.

Normativa reguladora:

As instancias solicitando tomar parte na Feira Sada Comercio 2022 presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica de Sada (sede.sada.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O pago da taxa regulase pola ordenanza fiscal nº 16, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodase cinematográfico.

 

Inscrición, prazo de presentación e documentación requirida:

O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días hábiles desde a súa publicación na páxina web do Concello de Sada e no taboleiro de anuncios da sede electrónica, transcorrido o cal se publicará unha lista provisional de admitidos.

En cumprimento do artigo 14.2 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse de maneira electrónica coas administracións publicas.

As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto con fotocopia do DNI. N

o referente as taxas a contía corresponde segundo a Ordenanza Fiscal nº 16 sería de 30€ por día e posto de venta (3x3 m2).

O pago das taxas deberá de facerse efectivo nos 2 días hábiles seguintes a publicación da lista provisional de admitidos na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

No caso de non ter aboado a taxa no prazo indicado teráselles por desistidos da súa petición.

 

Montaxe e Horarios

A montaxe levarase a cabo o día venres 19 de agosto a partir das 20h.

A desmontaxe o día domingo 21 de agosto a partir das 20h.

En ambos casos os e as participantes seguirán as indicacións da organización.

O horario de venta ao público os días da feira será das 11:00 ás 22:00 horas o sábado e de 10:00 ás 20:00 horas o domingo podendo ser modificado por circunstancias da organización.

Os e as participantes comprométense a cumprir co horario de apertura e peche sendo este ininterrompido.

A organización garante o servizo de seguridade nocturna no recinto acotado para a noite do 19 ao 20 e do 20 ao 21 de agosto.

A organización non se fai responsable do contido do posto no horario de apertura da feira. 5. Asignación de Espazos e localizacións na Feira

A asignación dos espazos corre a cargo da organización, buscando o consenso cós e coas participantes; en caso de non acadarse, será por sorteo debido as limitacións do espazo existente.

O espazo individual a ocupar será de 3x3 m2.

A distribución dos postos poderá ser modificada por este Concello por causas organizativas.

 

Aceptación de Solicitudes:

No caso de existir máis solicitudes que postos vacantes, os postos asignaranse por sorteo.

A organización resolverá as solicitudes e publicará a concesión definitiva de postos nos días seguintes á finalización do prazo de pago.

 

Servizos Facilitados

- Carpa de 3x3m2 7.2.

- Puntos de luz na Feira. Os e as comerciantes que desexen conectarse á luz deberán levar unha regleta homologada e os dispositivos de luz dos que dispoñan.

-  Taboleiros, mesas e cadeiras para os e as participantes.

- Cartelaría identificativa que sirva de información e publicidade do evento.

- A organización disporá diversos contedores de lixo no recinto.

- A organización non se responsabilizará dos roubos ou danos que se poidan ocasionar.

-  Seguridade nocturna.

 

A organización reservase o dereito a dar por finalizada a actividade de calquera posto que non se adapte aos requisitos establecidos nesta convocatoria ou no caso de incumprimento evidente das normas reguladas nas presentes bases.

O envío da solicitude (Anexo I) supón o coñecemento e aceptación das presentes bases.

Arquivado en