O obxecto destas bases reguladoras é o de establecer as condicións de participación na Feira Sada Comercio, que se organiza do 5 ao 6 de agosto, para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da feira.
03/08/2023 - Relación de solicitudes admitidas Feira Sada Comercio 2023
BASES DE PARTICIPACIÓN NA FEIRA SADA COMERCIO
ANEXO I
Sada Comercio instalarase no Paseo tralo edificio modernista La Terraza, por tratarse dun espazo público, céntrico, amplo e accesible. Na zona instalaranse ata un máximo de 20 postos destinados ao comercio polo miúdo, con venta de mercadorías por parte de comercios de Sada. A feria celebrarase os días 5 e 6 de Agosto do 2023.
A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA PROPOSTA?
COMERCIO DE PROXIMIDADE – POSTOS DE VENTA:
A Feira Sada Comercio 2023 vai dirixida ao conxunto do sector do comercio do Concello de Sada, independentemente do seu ámbito de venta, para cumprir co obxecto e finalidade da proposta. Poderá solicitar un dos 20 postos dispoñibles calquera establecemento comercial con sede social no Concello de Sada.
O prazo de solicitude iniciará ás 00:00h do día seguinte da publicación destas bases na páxina web municipal (www.sada.gal) e rematará o 1 de agosto de 2023.
COMO INSCRIBIR A UN ESTABLECEMENTO E DE QUE PRAZO DISPOÑO?
Para inscribirse haberá que facer o seguinte:
- Os comercios interesados deberán presentar no Rexistro Municipal (sede.sada.gal) o ANEXO I, coa documentación que se sinala.
- Se algunha solicitude estivese incompleta, a persoa interesada será requirida para emendala, concedéndolle un prazo máximo de 2 días para facelo. No caso de non completala no prazo límite establecido, entenderase que se desiste da solicitude de participación.
A forma de presentación das inscricións poderá realizarse de forma telemática ou ben presencial, segundo establece o artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
- No caso das persoas xurídicas (empresas, entidades…), a presentación da inscrición deberá ser telemática a través do Rexistro Electrónico Municipal (sede.sada.gal).
- As persoas físicas (autónomas/os) poderán optar por presentar as inscricións tamén de xeito telemático (sede.sada.gal) ou ben, se o prefiren, de xeito presencial na oficina do Rexistro Municipal (horario de 9:00 a 14:00h).