04 / SEP / 2017
Os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro celebrarase en Sada a terceira edición da Cervefeira, a Feira da Cervexa Artesá de Sada.
A concellería e Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente ven de publicar as bases de participación para todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de elaboración de cervexa artesá excluindo os grandes grupos cervexeiros.