Bases Mercado Modernista 2023

20 / XUL / 2023

Bases Mercado Modernista 2023

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións para o outorgamento de autorizacións para ocupar en espazo público os postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XII Feira Modernista de Sada.

BASES POLAS QUE DEBE REXERSE A CONVOCATORIA DE POSTOS NO MERCADO MODERNISTA 2023, A CELEBRAR DENTRO DO MARCO DA XII FEIRA MODERNISTA, OS DÍAS 28, 29 E 30 DE XULLO 

ANEXO I

 

A Concellería de Cultura pretende con esta convocatoria ofertar publicamente 20 postos no mercado, para reforzar a oferta de contidos culturais e de lecer que se inclúen no programa da XII Feira Modernista, a celebrar os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo.

Deste xeito, o Concello de Sada exerce as súas competencias no eido da promoción cultural e da ocupación do tempo libre e, de forma sinérxica, as de organización de feiras, mercados e comercio ambulante, recollidas no artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Serán admitidas as solicitudes de persoas físicas e xurídicas que teñan capacidade de obrar no ámbito da venda ambulante, que se comprometan a ambientar e decorar os seus postos con elementos que permitan evocar os principios estéticos do movemento artístico modernista, ou ben a recrear a época e costumes sociais contemporáneas ao mesmo.

As persoas que realicen a venda ao público nos postos que sexan autorizados deberán caracterizarse e empregar unha vestimenta que axude a recrear e evocar a época e os principios estéticos do movemento modernista.

Bases completas 

Arquivado en