Benestar esta a levar a cabo nos colexios de Sada un programa que fomente a igualdade real entre homes e mulleres

18 / OUT / 2016

Benestar esta a levar a cabo nos colexios de Sada un programa que fomente a igualdade real entre homes e mulleres

- “E importante concienciar ao alumnado, sinala a concelleira Isabel Reimundez, da importancia dunha educación en igualdade como por exemplo que as tarefas e actividades domésticas, deben ser compartidas por homes e mulleres”

 

Sada 18 outubro 2016.

A concellería de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, está a levar a cabo durante o curso 2016-2017 o programa “Educando en Igualdade”, con actividades de coeducación no ámbito educativo, nos centros IES Isaac Díaz Pardo; IES Mosteirón; CEIP Mosteirón; CEIP Pedro Barrié de la Maza; CEIP Sada e Contornos e EEI Mosteirón.

O obxetivo xeral deste programa e impulsar e dinamizar medidas educativas que fomenten a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito da educación non universitaria.

Isabel Reimundez sinala que con este programa de igualdade búscase “desenvolver principios de respecto e solidariedade entre ambos sexos, fomentar unha educación integral que de importancia a todos os xeitos da vida das persoas e en especial da convivencia e recoñecer, aceptar e valorar as diferenzas rexeitando a discriminación”

O programa busca ademáis desenvolver actitudes críticas cara o androcentrismo cultural, afianzar o autoconcepto positivo e a capacidade de interrelación e a utilización dunha linguaxe non sexista.

“E importante concienciar ao alumnado, sinala a concelleira, da importancia dunha educación en igualdade como por exemplo que as tarefas e actividades domésticas, deben ser compartidas por homes e mulleres”

O programa se executará por medio de obradoiros de igualdade e a rodaxe dunha curtametraxe na comunidade educativa, considerado como un ámbito de actuación fundamental no proceso de socialización para o desenvolvemento persoal do alumnado.

O obradoiro contará con catro sesións para cada grupo, distribuídas por aulas. No alumnado de Educación Infantil, Primaria, e 1º e 2º da ESO as dinámicas son as relacionadas con coeducación e en 3º, 4º da ESO e Bacharelato a temática versará sobre a violencia de xénero.  As presentacións das curtametraxes faranse coincidindo con Día da Non Violencia de Xénero o vindeiro 25 de novembro. 

Arquivado en