Benestar oferta aos centros de ensino actividades de sensibilización contra a violencia de xénero

02 / NOV / 2018

Benestar oferta aos centros de ensino actividades de sensibilización contra a violencia de xénero

-A concellería xestionada por Isabel Reimundez tamén colabora na organización do curso gratuíto “Xuntos nos Coidados” que se vai desenvolver en Sada os días 5, 6 e 8 de novembro a cargo de AFACO e dirixido a familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa.

Sada, 25 outubro 2018.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Sada ofreceu aos centros de ensino de primaria e de secundaria e Bacharelato as actividades que oferta a Deputación Provincial enmarcadas na campaña “Quen dixo medo”, campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.

Neste marco nos IES Isaac Díaz Pardo e o Mosteirón vaise desenvolver o obradoiro NAS TICS MANDAS TI, a cargo de persoal especializado e dirixido ao alumnado de 4º da ESO. O obradoiro aborda os tipos de violencia a través do uso das novas tecnoloxías e as habilidades do tratamento das mesmas: ciberbullyng, ciberviolencia de xénero, xesting....

Dentro da mesma campaña o CEIP Pedro Barrie de la Maza de Mondego vai desenvolver actividades de contacontos e obradoiro de manualidades dirixido ao alumnado de 6º de educación infantil.

Isabel Reimundez, concelleira de Benestar destaca a importancia destas campañas. "Seguemos a ter datos escandalosos de violencia machista entre a poboación xuvenil, indicou Reimunde, polo que agradecemos o esforzo da Deputación para a implantación deste tipo de programas de sensibilización con adolescentes. A campaña aborda un tema moi importate e de gravidade, como son as relacións coas novas tecnoloxías no ensino secundario”

Xuntos nos Coidados

A concellería de Benestar taméncolabora na organización do curso “Xuntos nos Coidados” que se vai desenvolver en Sada os días 5, 6 e 8 de novembro a cargo de AFACO.

Esta acción formativa está dirixida a familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa, sendo totalmente gratuíta. O curso, para un máximo de 25 participantes, ten unha duración de 8 horas e realizarase na aula de usos múltiples da OMIX, na Praza da Pescadería. As persoas interesadas poden apuntarse nos Servizos Sociais do Concello de Sada, chamando ao teléfono 981 620 567, ou en AFACO no 981 205 858.

O curso abordará unha introducción á enfermidade de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, os síntomas congnitivos en ditas demencias neurodexenerativas, síntomas non cognitivos, terapias non farmacolóxicas, comunicación coa persoa con demencia e coidado da mesma.

"As persoas coidadoras de enfermos de Alzheimer e de persoas dependentes, acaban desenvolvendo unha patoloxía propia derivada da carga de traballo que pode producir ansiedade e depresión e necesitan tamén unha atención específica”, destacou esta mañá Reimundez.

A Federación Alzheimer Galicia, en colaboración coa Consellería de Política Social, e as asociacións federadas, veñen desenvolvendo este tipo de accións de cara a formar e apoiar ás persoas coidadoras, sendo moi valoradas por a meirande parte de familias que xa participaron noutras edicións.

 

Arquivado en