Benestar organiza un pase de películas filmadas en Sada nos anos 70-80

18 / MAR / 2019

Benestar organiza un pase de películas filmadas en Sada nos anos 70-80

-As proxeccións "ASI ES MI COLEGIO 1974-1980” sobre o funcionamento do Centro Piloto "Pedro Barrié da Maza de Mondego e "ESTAMPAS SADENSES 1973-1981”, con múltiples actividades da vida habitual en Sada durante aquel período, terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns os días 23 e 24 de marzo ás 20:00 horas.

 

Sada, 18 de marzo 2019.

A concellaría de Benestar Social e Igualdade organiza un pase de películas en Super 8 filmadas en Sada nos anos 70 e 80 polo Grupo Cinematográfico Xuvenil "RAIOLA" que dirixía o entón profesor do colexio Pedro Barrié da Maza, José Luís Moar.

As proxeccións "ASI ES MI COLEGIO 1974-1980” sobre o funcionamento do Centro Piloto Pedro Barrié de la Maza de Mondego e "ESTAMPAS SADENSES 1973-1981”, con múltiples actividades da vida habitual en Sada durante aquel período, terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns os días 23 e 24 de marzo ás 20:00 horas.

"Coñecer e ter acceso ao pasado e á nosa historia como vila e saber comprender e analizar a súa evolución tamén é un factor sociolóxico importante para o benestar social" indica Isabel Reimundez responsable da concellería.

Durante os anos setenta Jose Luís Moar dirixiu a un grupo de nenos e nenas que filmaron, maiormente en Súper-8 Kodachrome, documentos que hoxe son material histórico de primeira magnitude para Sada e para o mundo do ensino.

"Ademáis das lembranzas persoais de todas as persoas e ex alumnos que aparecen nas películas, organizamos estas xornadas como un chamamento á reflexión da evolución da realidade social do noso pobo. É moi significante ver os métodos de ensino públicos, a xestión municipal, os festexos, etc. que tiñamos hai 40 anos e comparalos ca actualidade" destaca Reimundez quen agradece a colaboración desinteresada de José Luis Moar para “facilitarnos todo o seu material audiovisual e por todo o tempo que dedicou e segue dedicando na nosa vila"

Jose Luís Moar, profesor no colexio Pedro Barrié de la Maza desde a súa etapa como Centro Piloto lembra que as filmacións as realizaron “mozos e mozas entre 12 e 15 anos, algúns deles ligados hoxe ao mundo da Información e Comunicación Audiovisual”.

As proxeccións realizaranse  “pola vella” destaca Moar. Será só o fin de semana do 23 e 24 de marzo na Casa da Cultura cando se presentarán ao público con proxectores de gama alta Elmo dotados de linterna de xenón, montando obxectivos para proxeccións a distancia en pantallas profesionais. “Logo regresarán ao CGAI (Centro Galego dás Artes dá Imaxe- Arquivo de imaxes galegas) lugar no que están depositadas e de onde foron solicitadas para poder ser proxectadas en Sada” subliña  José Luís Moar. 

Arquivado en