-Sada celebrou o acto de clausura das actividades de diversidade funcional, un servizo municipal que xestiona a nacionalista Isabel Reimundez dentro da concellería de Benestar Social e Igualdade.
Sada, 14 de xuño 2017.
O servizo de Divesidade Funcional do concello de Sada estivo a realizarse durante as últimas 37 semanas recollendo actuacións específicas de orientación, prevención, inserción e participación social dos residentes no municipio con diversidade funcional. “O obxectivo, indica Reimundez é a integración social plena deste colectivo no noso municipio e o apoio ás familias”.
A concellería de Benestar de Sada ofertou obradoiros de teatro, novas tecnoloxías, pintura e un club de lecer os fins de semana para persoas con diversidade funcional, dentro do programa Universo Diverso.
Esta semana finalizaron os obradoiros de teatro, pintura e tecnoloxia. Pero por primeira vez, sinala a concelleira, “este ano van seguir tendo saídas de ocio os fines de semana, durante os meses de xuño e xullo”.
“Foi unha demanda das familias, indicou Isabel Reimundez na clausura do programa, que estimamos favorablemente para que os usuarios deste programa podan seguir tendo un verán ocioso e gozar da programación veraniega que se oferta dende os distintos concellos da contorna”.
Entre outras saídas van visitar Ferrol, o San Xoan de Carballo, navegar polo lago de As Pontes, “e remataran o ultimo fin de semana de xullo con xogos populares para as familias e usuarios”, anuncia Reimundez.
A concelleira anima a todas as persoas interesadas a participar neste programa, dirixido exclusivamente a persoas con diversidade funcional, “achegándose aos servizos sociais do Concello onde informan sobre todas as actividades que ofertamos nun programa xa consolidado con máis de 15 participantes”
Máis orzamento para os Servizos Sociais Municipais.
A concellería de Benestar ven aumentado desde hai dous anos o orzamento para actividades de diversidade funcional así como outras demandas dos servizos sociais municipais.
“Abordamos no 2016, por primeira vez con gasto municipal, as actividades e saidas de ocio destinadas a persoas con diversidade funcional, sinala Reimundez, deste xeito o concello cubre 6 meses do ano e a subvencion da Deputación o resto asegurándonos que os usuarios teñan continuidade nas actividades os doce meses do ano”.
En canto ao benestar dos vecinos e veciñas de Sada o pleno da corporación sadense aprobou, a petición da concelleira, un modificativo de crédito para dotar con 26.000 euros o programa Envellecemento Activo polo cal se programaron diversas actividades para maiores desde os Servizos Sociais. Isabel Reimúndez lembraba en dito pleno que “é o momento de destinar recursos aos maiores do municipio para favorecer a participación social, previr a dependencia e promover o envellecemento activo”. Apenas quince días despois do pleno Sada ofertou talleres de Tai-Chi, Reforzo da memoria, Ximnasia Terapéutica, Pintura, Restauración e como novidade o obradoiro de Memoria “Sada non tempo”.