Benestar programa unha xornada informativa sobre a problemática saharaui

13 / ENE / 2016

Benestar programa unha xornada informativa sobre a problemática saharaui

A xornada terá lugar o sábado 16 de xaneiro ás 19.30 horas na Capela de San Roque.

Intervirán Xaquín Prieto, delegado na Coruña da asociación SGPS Hafdala Mani Laui, delegado saharaui; proxectarase o filme "El problema. Testimonio del pueblo saharaui", realizado polo sadense Pablo Vidal e por Jordi Ferrer; e se contará co testemuño da experiencia de Enrique Embudo como pai dunha familia acolledora temporal de nenos/as saharauis, a través do programa Vacacións en paz.



Sada 13 xaneiro 2016.

A concellería de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, en colaboración e ca iniciativa da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, organizan una xornada informativa sobre a problemática saharaui no que intervirá Xaquín Prieto, delegado na Coruña da asociación SGP, e Hafdala Mani Laui, delegado saharaui.

A xornada informativa sobre a problemática saharaui terá lugar o sábado 16 de xaneiro ás 19.30 horas na Capela de San Roque onde tamén se contará co testemuño da experiencia de Enrique Embudo como pai dunha familia acolledora temporal de nenos/as saharauis, a través do programa Vacacións en paz.

Solidaridade Galega co Pobo Saharauí posibilita que cada ano, desde hai máis de 20 anos, centos de nenos gocen dunhas “vacacións en paz nos concellos do área metropolitana da Coruña,

Precisamente o pasado 7 de xullo chegaban a Sada, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf, 29 nenos e nenas que pasaron o verán na comarca coruñesa coas súas familias de acollida. Seis deses nenos fixérono en Sada, lugar elixido pola ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharauí para realizar o recepción oficial a todos os nenos e ás súas familias de acollida e no que estaban presentes o alcalde de Sada, Benito Portela e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimundez.

No acto proxectarase o filme "El problema. Testimonio del pueblo saharaui", realizado polo sadense Pablo Vidal e por Jordi Ferrer, no ano 2010. Trátase dun documental que recolle testemuños e imaxes de cinco anos no Sáhara Occidental e premiado en varias ocasións por Festivais de Cine (Premio Amnistía Internacional, 8ª Edición Festival de Derechos Humanos San Sebastián 2010, 1er Premio Festival FISAHARA 2010, Premio del Público Festival MIRADASDOC, Sección Made In Spain 58º Festival de San Sebastián, Sección Best of Fest en el 23º Festival Internacional de Documentales de Amsterdam -IDFA, 21 Festival de Cine Español Nantes 2011, 26 Festival Internacional de Cine en Guadalajara-México)

Neste cinco anos de rodaxe logrouse que no documental “El Problema” recóllanse testemuños e evidencias incuestionables sobre unha situación terrible, única no mundo, onde os xornalistas son inmediatammente expulados en canto son descubertos. O documental móstranos como desde 1975, a pacífica poboación saharauí vén sufrindo execucións ilegais, secuestros, torturas, roubos e humillacións a mans do goberno de Marrocos.

En 2004, os directores Jordi Ferrer e Pablo Vidal embarcáronse nun proxecto que se transformou nunha viaxe de cinco anos ao bulebule do pobo saharauí, relatado polos seus propios testemuñas. Entre outros, inclúe o testemuño de Aminetu Haidar, activista de dereitos humanos que recibiu múltiples premios internacionais e que en novembro de 2009 realizou unha folga de fame durante 32 días no aeroporto de Lanzarote en protesta pola situación do seu pobo, inexistente como nación aos ollos do mundo. Grazas á súa loita pacifica, a prensa internacional e numerosas celebridades manifestáronse publicamente a favor da causa saharauí.

Arquivado en