Benestar Social e Igualdade e Emprego

Que facemos

Os servizos sociais son o sistema de protección social máis próximo ás persoas que acuden en busca de resposta a problemas sociais: falla de autonomía persoal, desinserción, conciliación, inserción laboral, precariedade económica, etc.

Para elo, os servizos sociais desenvolven programas básicos, dirixidos a toda a cidadanía: Información, orientación e asesoramento, servizo de axuda no fogar, servizo de educación e apoio familiar, medidas de apoio para a exclusión social, proxectos de dinamización comunitaria, fomento da cooperación e solidaridade, programa de actividades sociais dirixido a persoas maiores. Envellecemento activo, programa de atención á diversidade funcional, escolas Infantís ou programa Igualdade e atención VX.

Patricia Martínez Abruñedo

Patricia Martínez

Concelleira delegada da área de Benestar Social e Igualdade e Emprego

981 620 075 (ext )
@sada.gal


Benestar
Social

Emprego

Actualidade

VISITA E COÑECE GALICIA: PROGRAMA DE SAÍDAS GRATUI...TAS DO CONCELLO DE SADA

24 / MAR / 2025

O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.

COMPARTIR EN:

CONCURSO DE CARTACES PARA O 8M

03 / MAR / 2025

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convoca o concurso de cartaces para o 8M que ten por obxectivo principal o fomento da creatividade e da igualdade da comunidade escolar con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M.

COMPARTIR EN:

Taller de autocoidado e benestar emocional.

03 / MAR / 2025

Dentro das actividades do 8M o Centro de Servizos Sociais inicia o Taller de auto-coidado e benestar emocional. Mediante este taller preténdese potenciar o benestar emocional das mulleres mediante a promoción de características positivas e o desenvolvemento das fortalezas persoais, que posibiliten o cambio e florecemento persoal, de maneira que consigan vivir de maneira máis plena e feliz.

COMPARTIR EN:

PROGRAMA 8M EN SADA 2025

03 / MAR / 2025

A concellería de Benestar programa distintos eventos para a celebración do 8M, Día Internacional da Muller

COMPARTIR EN:

CONVOCATORIA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL, FUNCIONA...RIO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 QUENDA RESERVADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

19 / DEC / 2024

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.

COMPARTIR EN:

Sada, o concello que máis poboación gaña na área m...etropolitana da Coruña

13 / DEC / 2024

Sada sitúase entre os Concellos que máis poboación gañaron na última década segundo os datos publicados este venres polo INE. O goberno local manifesta a súa satisfacción ante estas cifras, que son un reflexo do bo traballo realizado nos últimos anos

COMPARTIR EN:

25 N - SADA DE FRONTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

19 / NOV / 2024

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa diversos actos de cara ao DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

COMPARTIR EN:

Competencias e habilidades dixitais para o emprego

16 / OUT / 2024

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, pon en marcha un Itinerario de emprego para apoiar a inserción laboral e social das mulleres de Sada. O itinerario consta de 11 días de formación presencial relacionada coa procura de emprego, de titorías personalizadas así como intermediación laboral, e conta tamén con bolsa de emprego para facilitar a súa inserción.

COMPARTIR EN:

ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS CURSO 2024-2...025

08 / OUT / 2024

A  Concellería de Turismo, Promoción Económica e Participación Cidadá abre á participación nas actividades municipais (Pilates, Zumba e Ioga) nas parroquias do municipio

COMPARTIR EN:

ACTIVIDADES MAIORES 55 - CURSO 2024- 2025

01 / OUT / 2024

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego  programa as actividades sociais de maiores para contirubuír co  envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS