Benito Portela e Xulio Ferreiro avanzan solucións en movilidad sostenible e participación cidadá

23 / NOV / 2015

Benito Portela e Xulio Ferreiro avanzan solucións en movilidad sostenible e participación cidadá

O alcalde de Sada e o seu homólogo da Coruña reuníronse en María Pita para tratar varios puntos que incumben aos dous concellos.

En próximas datas asinarase un novo convenio de colaboración para que os servizos de urxencia de Sada reciban material propiedade do concello coruñés.

Ferreiro e Portela avanzaron liñas de actuación en movilidad sostenible e debateron sobre a consecución de concellos con portas abertas á cidadanía.



Sada 23 novembro

O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse en María Pita co alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, para avanzar solucións de movilidad sostenible así como para renovar e actualizar un convenio polo que o concello coruñés cederá material e achegará formación ao servizo de urxencias municipal de Sada.

Mercé a este convenio o Servizo de Urxencias Municipal (SEM) de Sada recibirá diverso material procedente dos Bombeiros da Coruña e posibilitará ao corpo sadense, entre outras cousas, dispoñer dalgunhas ferramentas de traballo máis modernas e efectivas.

Participación Cidadá

Outro dos temas tratados na reunión entre o alcalde de Sada e o da Coruña foi o de participación cidadá para conseguir concellos de portas abertas.

Os dous mandatarios debateron sobre propostas na vida política municipal. Preguntas en plenos dos veciños e asociacións ou asistencia a comisións e reunións

cos concelleiros son algunhas das medidas para potenciar a participación cidadá que se enumeraron na reunión.

"O que sucede en ambas cidades, sinalou Portela ao finalizar a reunión, e os intereses dos veciños esixen unha administración participativa e máis próxima onde facer valer os seus dereitos, para o que se fai necesario establecer unhas normas que desenvolvan este principio a través de reglamentos de participación cidadá".

Movilidad Sostenible

Portela e Ferreiro trataron o tema de movilidad sostenible en ambos concellos. Coruña aposta por crear intercambiadores entre autobuses metropolitanos e urbanos para facilitar o acceso ao centro de veciños do área metropolitana sen aumentar a densidad de tráfico, solución que apoia o alcalde de Sada e que estudará para intentar que algunha liña con saída en Sada chegue aos intercambiadores no canto da Estación de Autobuses.

O goberno coruñés abordará o próximo ano a instalación de lugares onde a xente poida baixar dun bus metropolitano e subir nun urbano ou ao revés de forma eficiente, reducindo os tempos. Portela comprometeuse a indicar en próximas reunións cales son as súas propostas para as liñas que desde Sada procedan.

"Estas actuacións levan consigo, indicou o alcalde de Sada, unha redución do numero de vehículos que entra na cidade da Coruña. Nós apostamos por un modelo de comunicación entre a área metropolitana e A Coruña que pasa por facer funcionar e potenciar o transporte público para posteriormente enlazalo con intercambiadores que cheguen ao centro da cidade". 

"Non podemos esquecernos, matizó Benito Portela, que é un tema moi importante para Sada debido á cantidade e xente que traballa na Coruña e desprázase cada día a cidade".

Esta foi a primeira reunión dos alcaldes de Sada e A Coruña pero non a última. En próximas datas reuniranse de novo para asinar o acordo de colaboración en materia de urxencias pero tamén ambos consistorios manterán reunións entre concejalías para tratar asuntos ?moi interesantes para os dous concellos?.

Arquivado en