BOLSA DE EMPLEO FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN GENERAL, SUBESCALA AUXILIAR

25 / OUT / 2024

BOLSA DE EMPLEO FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN GENERAL, SUBESCALA AUXILIAR

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala auxiliar. O órgano competente da Corporación poderá adscribir ós/ás aspirantes nomeados/as, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional. A bolsa de emprego resultado do proceso selectivo substituirá á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1074/2023, do 2 de xuño.

REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: PSB 4-2024 3ª.

VIXENCIA DA BOLSA A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3, dende a súa aprobación por resolución do Alcalde que se publicará no taboleiro e na sede electrónica municipal.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.

  • a) Denominación da praza: Auxiliar Administrativo.
  • b) Escala de administración Xeral ,Subescala auxiliar
  • c) Grupo de clasificación: C Subgrupo C2
  • d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario interino

SISTEMA SELECTIVO. De conformidade co previsto nas bases xerais aprobadas por este Concello de Sada, o sistema selectivo será o de oposición.

TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA: - Estar en posesión do graduado en ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente.- Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 3 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba conforme ao establecido na base 8ª.

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E PRAZO

  • Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DO 28-10-24 ATA O 4-11-24 (a.i.)

NOTA: De presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados

 

Arquivado en