Bolsa de empleo para Brigadas Incendios

12 / AGO / 2022

Bolsa de empleo para Brigadas Incendios

Convocatoria nova formación de bolsas de emprego para peóns e condutores Brigadas Incendios

A convocatoria ten por obxecto a creación de:

- Unha nova bolsa de emprego temporal de peóns de brigada de prevención e extinción de incendios forestais e outros postos relacionados co mantemento medioambiental e xestión da biomasa (PS 13/2022) . Substituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1681/2021, do 27 de xuño

- Unha nova bolsa de emprego temporal de peóns-condutores de brigada de prevención e extinción de incendios forestais e outros postos relacionados co mantemento medioambiental e xestión da biomasa (PS 14/2022). Substituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1681/2021, do 27 de xuño

A esta convocatoria aplícanselle as bases xerais para a elaboración de bolsas no que lle corresponda e as bases específicas para elaboración de bolsa de peóns ou peóns condutores (PS 13 ou PS14-22) (todas achegadas a esta publicación).Substituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1681/2021, do 27 de xuño

O prazo de presentación das instancias (3 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (29-7-2022) e remata o 2-8-2022.

As taxas de participación son 6€ (base 5ª das xerais), haberá que abonar unha para cada proceso se quérese participar nos dous (peóns e peóns-condutores)

A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame (E/AP)

Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).

O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.

Para presentar a instancia a través da Sede electrónica haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.

As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.

Arquivado en