Dado que a anterior convocatoria (BOP da Coruña núm.25, 6-2-2025) resultou deserta, esta alcaldía, polo Decreto núm. 548/2025, do 21 de marzo, resolveu convocar novamente proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para postos da escala de administración xeral subescala administrativa (C/C1) mediante o sistema selectivo de oposición en quenda libre,
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais aplicables e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base sétima das específicas aplicables (cinco -5- días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cual produciuse hoxe.
As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo C/C1 (15 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PSB 4-2025