Bolsa de emprego para peón e peón-condutor de brigadas de prevención incendios

23 / XUL / 2021

Bolsa de emprego para peón e peón-condutor de brigadas de prevención incendios

A Alcaldía do Concello de Sada aprobou as seguintes convocatorias de procesos selectivos: Bolsa de emprego para postos de peón de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais ou postos relacionados e Bolsa de emprego para postos de peón-condutor de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais ou postos relacionados. As bases das convocatorias estarán expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais, Avda. da Mariña, 25, Tfno. 981 620 075, no taboleiro da sede electrónica municipal https://sede.sada.gal e nesta web municipal. O prazo de presentación de instancias, 3 días hábiles, contarase a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP da Coruña.

 

 

Arquivado en