Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de albanel
O prazo de presentación das instancias (5 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Ligazón Sede Electrónica para a dita convocatoria.
As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame.
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).
O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
- 21/03/2025 - BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL PARA POSTOS DE ALBANEL ESTADO A 21-03-2025
- 26/04/2022 - BASES ESPECÍFICAS PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DEPERSOAL LABORAL DE ALBANEL
- 26/04/2022 - BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2022
- SOLICITUDE PROCESOS SELECTIVOS CONCELLO DE SADA