Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de socorrista.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP
Ligazón Sede Electrónica para a dita convocatoria.
As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame.
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).
O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
- 09/06/2022 - Resolución de aprobación bolsa de emprego temporal de socorristas resultado do PS 5-2022
- 09/06/2022 - Anuncio resultados 2º exercicio e relación de aprobados proceso selectivo bolsa socorristas. PS 5-22
- 03/06/2022 - RELACIÓN DAS PERSOAS ASPIRANTES QUE SUPERARON O 1º EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA BOLSA DE EMPREGO SOCORRISTAS PS 5-2022 E CONVOCATORIA DO SEGUNDO EXERCICIO
- 31/05/2022 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo bolsa de emprego Socorristas PS 5-2022 e data do primeiro exercicio
- 13/05/2022 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo bolsa de emprego Socorristas PS 5-2022
- 26/04/2022 - BASES ESPECÍFICAS BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL LABORAL DE SOCORRISTAS
- 26/04/2022 - BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2022
- SOLICITUDE PROCESOS SELECTIVOS CONCELLO DE SADA