Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal educador social, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2023”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 15 de marzo de 2023. (BOP núm.57, do 23-03-2023).
Por Resolución de Alcaldía 577/2023, do 29 de marzo de 2023, aprobouse a corrección de erros das bases específicas para elaborar bolsa de emprego de Educador/a Social con carácter interino para postos de persoal funcionario e laboral do Concello de Sada, durante o ano 2023. Resultando que a corrección afecta a punto nº6 TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA. En función do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o artigo 21.1.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, pola que se regulan as bases do réxime local,
RESOLVESE: Primeiro.- Aprobar ampliación de prazo de cinco días hábiles para presentación de instancias para o proceso selectivo bolsa de emprego temporal 2023 de Educador/a Social aprobada por decreto de Alcaldía 536/2023 do 21 de marzo.
- 21/11/2023 - RESOLUCIÓN AS RECLAMACIÓNS REALIZADAS AOS RESULTADOS DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DA BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE EDUCADOR/A
SOCIAL - 13/11/2023 - RESULTADOS DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DA BOLSA DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE EDUCADOR/A SOCIAL,
- 27/10/2023 - Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, e convocatoria primer exame do proceso selectivo.
- 19/10/2023 - Listaxe provisoria de persoas admitidas ao proceso selectivo de provisión da bolsa de emprego educador/a social 2023:
- 05/10/2023 - Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de Educador Social, persoal funcionario
- 27/03/2023 - Bases específicas de Bolsa de emprego educador /a social 2023
- 04/04/2027 - BOP corrección erros bases específicas bolsa Educador Social