A comitiva real sairá da Lonxa ás 18:00 horas e percorrerá o centro urbano para rematar na Casa da Cultura onde os Reis Magos recibirán ás nenas e nenos de Sada a partir das 19:30 horas.
AVISO: NOVO PERCORRIDO
A concellería de Cultura ten programada a Cabalgata de Reis o vindeiro xoves 5 de xaneiro pola tarde e aumenta o percorrido inicial para que os Reis Magos pasen por máis rúas do centro urbano.
A saída terá lugar ás 18:00 horas da Lonxa do Porto percorrendo a continuación a avenida da Porto, avenida da Mariña, rúa Venezuela, rúa Bergondo, rúa Pontedeume, rúa Oza dos Ríos, praza Igrexa Nova, avenida Barrié de la Maza, rúa Linares Rivas, rúa Venezuela, avenida República Argentina, rúa da Obra, rúa da Praia e de novo avenida da Mariña ate chegar á Casa da Cultura Pintor Lloréns onde os reis Magos de Oriente recibirán as nenas e nenos a partir das 19:30 horas.
Nos pasados días a concellería de Cultura convocou ás nenas e nenos sadenses para participar como figurantes, acompañando ás súas maxestades de Oriente no seu percorrido polas rúas sadenses na Cabalgata de Reis. LISTAXE FIGURANTE CABALGATA REIS 2023