Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 11 anos en competencias dixitais. Son sesións de formación gratuíta máis actividades complementarias online guiadas, durante as vacacións de Semana Santa.
FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPAMENTO DIXITAL
Información do Campamento:
- Destinado para a rapazada entre 9 e 11 anos.
- 15 prazas (adxudicación por orde entrada no formulario)
- Programación: Luns 14, martes 15 e mércores 16 de abril do 2025. (10:00h a 13:00h).
- Lugar: Aula Cemit (Praza da Peixaría)
Que aprenderá a rapazada de Sada no Campamento?
A aprendizaxe realízase como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. Con estas actividades extraescolares de balde presenciais, as persoas participantes melloran as súas habilidades dixitais de forma divertida e educativa; aprenden a navegar de forma segura na Internet, buscar información e crear o seu propio contido dixital, protexer a súa privacidade e usar as redes sociais de xeito responsable.
A rapazada aprenderá a buscar información valiosa, crear contido dixital como presentacións ou carteis, identificar bulos e evitar a difusión de noticias falsas, ademais de recoñecer riscos na Internet e cómo manterse seguros.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.
Fundación Cibervoluntarios:
Trátase dunha ONG española de referencia internacional, pioneira no voluntariado tecnolóxico. Dende 2001 apostan por unha transición dixital inclusiva e traballan para eliminar a fenda dixital.
Desde Cibervoluntarios impulsan o talento dixital, formando a mozos en tecnoloxías innovadoras, como programación e robótica. Fomentan as vocacións tecnolóxicas e o emprendemento en áreas STEAM, especialmente entre as nenas.