CAMPAMENTOS DE VERÁN DEPUTACIÓN 2022

20 / ABR / 2022

CAMPAMENTOS DE VERÁN DEPUTACIÓN 2022

A Deputación da Coruña organiza os Campamentos de Verán 2022 para os que ao Concello de Sada correspóndelle 7 prazas. A preinscrición debrá facerse no rexistro do Concello de Sada antes do 20 de maio. En caso de superar a demanda ás prazas concedidas realizarase un sorteo público na área de Deportes o 23 de maio ás 12:00 horas.

FOLLA PREINSCRICIÓN

TRÍPTICO INFORMATIVO

INFORMACIÓN XERAL PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade xa cumpridos, empadroados nun Concello da provincia da Coruña.

LUGAR:

I.E.S. Rosalía Mera. Rúa Archer Milton Huntington, 24. (Concello da Coruña).

INCLÚE:

Transporte interno (non se inclúe o traslado ata o lugar da realización do Campamento), estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

DATAS:

1ª QUENDA: do 26 de xuño ao 1 de xullo.

ENTRADA:

Domingo pola tarde, entre as 18.00 horas e as 19.00 horas, no Centro Rosalía Mera .

SAÍDA:

Venres seguinte entre ás 16:00 e as 17:00 horas

PREINSCRICIÓNS:

No Concello de Sada para os rapaces/as empadroados/as. Prazo límite: antes do 20 de maio de 2022. FOLLA PREINSCRICIÓN

Cota de inscrición: 85,00 € (oitenta e cinco euros). Ingresaráse, unha vez o/a rapaz/a obteña praza, na conta que será publicada na páxina web da Deputación da Coruña. No ingreso da cota terá que constar: “CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN 2022”, nome e apelidos do/a rapaz/a e concello ó que pertence.

Prioridade: Terá preferencia o/a rapaz/a que non participase no campamento deportivo da Deputación en edicions anteriores. (Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos días seguintes á finalización do prazo de preinscrición).

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ:

Para formalizar a prenscrición debes entregar no teu concello: FOLLA PREINSCRICIÓN

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Actividades náuticas, actividades ao aire libre, xornada de Praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas de etnográficas.  Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o repecto polos demais.

EQUIPO RECOMENDADO:

Roupa de rúa (pantalóns, camisas). Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina). Toallas de aseo. Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante). Saco de durmir e lanterna. Gafas para o sol. Crema protectora para o sol, factor alto. Chuvasqueiro. Mochila pequena.

MATERIAL:

O material propio das actividades deportivas  será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

 

Arquivado en