Campamentos de Verano 2024 - Diputación de A Coruña

06 / MAI / 2024

Campamentos de Verano 2024 - Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán.

Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2024 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello de Sada nados entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do 2015.

SEDE CAMPAMENTO: IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)

DURACIÓN: Dende o DOMINGO 30 de xuño ao VENRES 5 de xullo.

PRAZAS: 7 prazas

CHEGADA: O DOMINGO pola tarde entre as 18:30 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera. / REGRESO: O VENRES seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (OITENTA E CINCO euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2024", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

INSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 28 de maio de 2024 ás 23:59h.

As inscricións das persoas participantes realizaranse no rexistro do Concello de Sada ou na OMIX (Oficina Municipal Informaicón Xuvenil) 

CONSIDERACIÓNS

  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Sada que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.

SORTEO: Dende o día 29 de maio ata o día 31 de maio farase o sorteo das prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán.

Arquivado en