O Concello de Sada a través das Áreas de Turismo e Medio Ambiente, xestionadas por Liss Suárez Becerra, pon en marcha unha nova campaña de comunicación para concienciar aos veciños do municipio sobre a importancia da retirada dos excrementos de mascotas das rúas e parques da cidade.
Sada, 13 febreiro 2017
Desde hoxe todas as persoas que acudan á caseta informativa coa súa mascota poderán facerse unha fotografía no photocall e subila a Twitter co hashtag #PequenosXestosGrandesLogros ou compartila na páxina oficial de facebook. A caseta co Photocall situarase en diferentes días nos locais das empresas colaboradoras (Jardiland, Clínica Veterinaria Albeitar, Pecunú e Pedigree) e desde a concellaría, a través do facebook de Turismo, informarán cada día onde estará. As fotografías que logren un maior número de gústasme ou favoritos (segundo a rede social) gañarán un lote obxectos para a súa mascota.
En diferentes colexios da comarca daránse charlas aos máis pequenos sobre os hábitos responsables que leva ser dono dunha mascota. Serán impartidas pola Asociación de Animais Gatocán e a Clínica Veterinaria Albeitar.
O venres 17 de febreiro e dentro da carpa informativa da Asociación Protectora de Animais Gatocan falarase sobre os hábitos responsables con respecto ao comportamento cívico e ético que leva ser dono dunha mascota e repartiranse dispensadores de bolsas a todos os que se acheguen.
Unha das actividades máis novedosas que se programan é o running canino o domingo 19 ás 11:00 horas A actividade de convivencia cívica, en colaboración co Club Atletismo Sada, consiste nun itinerario perruno por diferentes lugares da localidade promovendo as condutas positivas á hora de pasear o can á vez que se goza facendo exercicio. A saída terá lugar no paseo marítimo, xunto a oficina de turismo e haberá regalos para os participantes.
Posteriormente ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios que se realizará na carpa que se instalará no paseo marítimo e onde se contará coa presencia de xogadores do Deportivo da Coruña.
Segundo o concelleiro nacionalista Liss Suárez Becerra “son diversos os puntos do concello onde se pode participar co obxectivo de dar un paso máis cara a asunción de responsabilidades por parte dos donos de mascotas no relativo a importancia de manter os espazos públicos limpos e en condicións”.
E continúa engadindo que “Sada ten, por sorte, un gran número de mascotas e o coidado que lles debemos dedicar debe ser proporcional neste sentido. A importancia desta iniciativa reflíctese na implicación das tendas de animais, clínicas veterinarias, veciños ou profesionais do sector que participan voluntariamente nesta campaña que é a primeira de moitas. A Asociación Protectora de Animais Gatocán ou o Club de Atletismo Sada son outros exemplos de entes que participan nesta iniciativa da concellaría de Medio Ambiente”.