CAMPAÑA DE INVERNO 2020 NA ESTACIÓN DE MANZANEDA

11 / NOV / 2019

CAMPAÑA DE INVERNO 2020 NA ESTACIÓN DE MANZANEDA

Sada abre a preinscrición de 8 prazas para a Campaña de Inverno 2020 da Deputación da Coruña na estación invernal de Manzaneda (provincia de Ourense) onde participarán 500 nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

Folla de presinscrición

Sada, 11 novembro 2019.

A Deputación da Coruña, programa a “Campaña de Inverno 2020” na estación invernal de Manzaneda (provincia de Ourense) para 500 nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

Ao Concello de Sada concedéronlle 8 prazas para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello e nos corresponde a 5ª quenda: do 21 ao 24 de febreiro.

As preinscricións para participar na Campaña de Inverno 2020 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Sada. O prazo de presentación será ata o 4 de decembro de 2019 ás 14:00 horas.

Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na área de Deportes (Entreplanta do edificio de Servizos Administrativos na Avenida da Mariña) ás 12:00 horas do mércores 11 decembro 2019, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a preinscrición) ata que o Concello confirme a praza. As solicitudes que non cumpran cos requisitos serán anuladas do sorteo automáticamente. 

Arquivado en