La Diputación de A Coruña, programa la ?Campaña de la Nieve 2024 en la estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para niños y niñas de toda la provincia con edades entre 11 a 15 años #inclusive (cumplidos a 31 de diciembre de 2023).
Inscrición Campaña da Neve 2025
Ao Concello de Sada concedéronlle 10 prazas na 2ª quenda (17/01/25 ao 20/01/25) para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello.
As inscricións para participar na Campaña de Neve 2025 só se poderán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Sada ou na Sede electrónica do Concello de Sada (imprescindible engadir na presentación a a folla cuberta de inscrición)
O prazo de presentación será do 8 de novembro ao 2 decembro 2024 (ambos inclusives)
Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na área de Deportes (OMIX Sada) ás 12:00 horas do 5 decembro 2024, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.
Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros que ingresarán na conta da deputación.Esta cota inclúe: transporte dende o punto de recollida na comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamentos de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.
Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a inscrición que se achega a este escrito) ata que o Concello lles confirme a praza.
Publicarase na web a listaxe de persoas con praza adxudicada e en listaxe de reserva coa identificación do DNI do solicitante.
As solicitudes con datos incompletos ou que non cumpran cos requisitos non serán admitidas