CAMPAÑA DE NADAL " NOITE BRANCA EN SADA 2023"

01 / DEC / 2023

CAMPAÑA DE NADAL " NOITE BRANCA EN SADA 2023"

A Concellería de Turismo, Promoción Económica e Participación Cidadá xunto o sector comercial e empresarial do Concello de Sada, co obxetivo de promocionar e potenciar o comercio local e o consumo de proximidade neste municipio, pon en marcha a campaña "Noite Branca en Sada 2023"

Bases da convocatoria do evento Noite Branca en Sada 2023.

 

Poderá participar calquera establecemento comercial do Concello de Sada na Noite Branca 2023 o vindeiro 7 de decembro coincidindo co acto de acendido navideño que se celebra na Praza de San Roque a partir das 19:00 H.

A finalidade desta campaña e a de potenciar e fomentar a compra nos comercios locais fronte as campañas de venda on line propias destas datas e das campañas feitas polas grandes superficies comercias.

O Concello de Sada habilitará como máximo 8 postos de venda ambulante de diversas especialidades situados :

  • - Praza de San Roque.
  • - Rúa Linares Rivas / Esq. Rúa Cortaduría.
  • - Rúa Linares Rivas / Esq. Rúa Ponte.
  • - Rúa Oleiros
  • - Rúa Río
  • - Rúa Pontedeume

Os postos serán asignados, segundo orde de presentación e variedade de produtos ofertados.

O formar parte dun evento promovido polo Concello de Sada a fin de potenciar o comercio local e de proximidade, como aliciente a participación cidadá, a instalación destes postos estarán exentos do pago de taxas.

Por este motivo o Concello de Sada non facilitara ningunha medida para que estes postos poidan instalarse, debendo facerse responsable cada solicitante do necesario para o desenvolvemento da sua actividade.

O horario de montaxe será dende as 17:00 ata as 22:00 H.

Os interesados deberan presentar a súa solicitude antes do dia 2 de decembro do presente ano no Rexistro Xeral do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

O Concello de Sada difundirá e promocionará todo o relativo a presente campaña a través da páxina web do concello, redes sociais e outros medios de difusión.

Arquivado en