Campaña de promoción da hostalería de Sada

29 / NOV / 2021

Campaña de promoción da hostalería de Sada

A Concellería, de Promoción Económica, Turismo e emprego, realizará unha micro campaña en instagram, para promocionar e darlle visibilidade aos establecementos hostaleiros e incentivar o consumo na vila.

Os locais hostaleiros terán a posibilidade de darlle difusión aos seu negocios a través redes sociais do concello a través de imaxes e videos personalizados dos seus negocios nos que se destacarán os pratos e tapas dos mesmos.

Dita campaña contará con material promocional como camisolas, paraugas, bolsos, chapas etc., que os seguidores da conta de @turismodesada poderán conseguir etiquetando a un/unha amigo/a na publicación da conta de turismo, ou ben subindo unha foto na súa biografía co hashtag #tapeoensada, desde o 29 de novembro ata o día 13 de decembro.

 

COMO FACER?

Goza do tapeo en #Sada e gaña un kit de tapeo oficial composto de Camisola, chapa, paraugas, e bolso de turismo.

Participar é moi fácil: 

1 Segue a @turismodesada

 2 Se queres un lote de tapeo: Publica na túa biografía unha foto da túa tapa ou establecemento preferido.

Podes participar as veces que queiras etiquetando a persoas e lugares distintos, pero lembra indicar o lugar onde foi tomada e engadir o hashtag: #tapeoensada 

(Máximo 2 lotes por persoa).

3 Se queres 2 chapas: Etiqueta a un amig@ a quen lle “darías a chapa” para ir de tapas por #Sada.

Promoción válida desde o día 29 de novembro ata o domingo 13 de decembro ás 23 59 horas, ou ata esgotar existencias.

 

Arquivado en