Campaña de promoción do comercio local no Nadal: "Merca en Sada, Merca Local"

09 / DEC / 2022

Campaña de promoción do comercio local no Nadal: "Merca en Sada, Merca Local"

“Merca en Sada, Merca Local", é a campaña para potenciar o comercio local, promovida pola Concellería de Cultura, Comercio e Turismo, pola que as persoas que merquen nos comercios do municipio poderán gañar cestas, valoradas en 200€, e un premio de 500€. Os sorteos das cestas poderán seguirse nas redes sociais do Concello de Sada os días 16, 23 e 30 de decembro e o sorteo dos 500€ o 4 de xaneiro.

Bases dos Sorteos da Campaña de Comercio Nadal 2022

 

As presentes bases de participación teñen por obxecto regular o desenvolvemento dos sorteos que se celebrarán con motivo da Campaña de Comercio do Nadal, que comezará o día 12 de decembro  e rematará o día 3 de xaneiro.

PREMIO:

Os premios serán os seguintes:

  • 3 cestas de Nadal valoradas en 200 € cada unha.
  • Un premio de 500 €.

 

PARTICIPANTES:

Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que adquiran bens ou servicios por valor mínimo de 5 € en calquera dos establecementos comerciais situados no municipio de Sada. Os participantes deberán depositar unha copia do tícket de compra debidamente selada polo establecemento, co seu nome, apelidos, DNI e teléfono, nas urnas habilitadas a tal efecto, para as compras realizadas entre o 12 de decembro e o 3 de xaneiro.

É necesario que a copia do tícket estea selada polo establecemento, os tíckets incompletos, ilexibles, manipulados ou confusos consideraranse nulos.

Os responsables dos establecementos comerciais e os familiares directos de 1º grao non poderán participar no sorteo con tíckets do seu propio establecemento. 

 

CELEBRACIÓN DOS SORTEOS E ENTREGA DE PREMIOS:

Nas urnas habilitadas depositaranse os tíckets de compra. Estarán localizadas en:

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), Avda. da Mariña, 62
  • La Tienda de Luisa,  Avda. Barrié de la Maza, nº 3
  • Xoguetería Ciclos Paco, Praza da Igrexa Nova, nº 1
  • Xoguetería Sada Toys, Trª. Obra 1, 3 baixo

Realizaranse 4 sorteos:

  • Por compras realizadas entre o 12 e o 15 de decembro farase un sorteo dunha cesta de Nadal o día 16.
  • Por compras entre o 16 e o 22 de decembro realizarase un sorteo dunha cesta de Nadal o día 23.
  • Por compras entre o 23 e o 29 de decembro realizarase un sorteo dunha cesta de Nadal o día 30.
  • Por compras entre o 12 de decembro e o 3 de xaneiro realizarase un sorteo de 500 € o día 4 de xaneiro.

Unha vez finalizado o período establecido de compras, no lugar e hora que se publicará na web e nas redes sociais do Concello, en acto público extraerase un tícket gañador (e dous de reserva por posibles renuncias) do conxunto de todas as urnas, ante un empleado municipal que actuará como Secretario e o Concelleiro de Comercio, ou persoa en quen delegue.

Os premios comunicaranse mediante chamada telefónica, ao número de teléfono que figure no tícket premiado, no mesmo día do sorteo, procedendo a chamar unha segunda vez, en caso necesario, ata o día do último sorteo.

No caso de imposibilidade de contactar coa persoa premiada ou de renuncia expresa, adxudicarase o premio aos titulares dos tíckets de reserva que se extraerán en cada sorteo.

Os titulares dos premios deberán recollelos no lugar indicado pola organización no momento da comunicación do premio. No caso de non poder acudir o titular, poderaos recoller outra persoa con autorización do mesmo e fotocopia do DNI. No caso contrario, entenderase que renuncia ao mesmo e procederase a chamar ao titular de reserva correspondente ao premio.

 

CONFORMIDADE:

A participación neste sorteo implica a plena conformidade e aceptación destas bases.

A Concellería de Comercio resérvase o dereito de modificar as datas e horarios das presentes bases.

Os datos de carácter persoal que figuren nos tíckets non serán empregados para usos distintos ao da participación nos sorteos, de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Persoales e garantía dos dereitos dixitais.

Arquivado en