CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL NO "SAN VALENTÍN"

04 / FEB / 2025

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL NO "SAN VALENTÍN"

O obxecto destas bases é o de regular a participación na Campaña de promoción e fidelización do consumo no Comercio Local no «Día San Valentín en Sada», que comezará o luns, 10 e rematará o venres 14 de febreiro de 2025, día de San Valentín.

ANEXO I - MODELO DE PARTICIPACIÓN

 

PARTICIPACIÓN COMERCIOS

Poderá participar calquera establecemento comercial con sede en Sada. No seu caso deberán inscribirse previamente, facéndonos chegar o formulario de inscrición para comercios (ANEXO 1) a través do Rexistro Municipal. 

Prazo de inscrición para os comercios do municipio: dende a publicación destas bases ata o 7 de febreiro.

O seu papel consistirá en entregar á súa clientela tarxetas de felicitación do San Valentín así como uns bombóns de agasallo polas súas compras.

 

PROMOCIÓN DÍA SAN VALENTIN

O Concello de Sada difundirá a través dos seus medios a listaxe de comercios participante na campaña.

A campaña comezará o 10 e rematará o mesmo venres, 14 de febreiro. Nestas datas as persoas que se acheguen a mercar nos comercios inscritos recibirán coa súa compra unha amorosa tarxeta de felicitación do San Valentín e uns doces ou bombóns.

Para animar as rúas no mesmo día 14 de febreiro farase unha actividade chamada “Aprendices de Cupidos”. Son 4 cupidos e cupidas que pasearán polas rúas de Sada, interactuando coa xente e plantexando probas románticas de diferente tipo (Motrices. Axilidad, pensamento lóxico-matemático, lecto escritura, deducción, etc...) relacionadas co día 14 de febreiro. Día dos namorados. Esta proposta lúdico-didáctica desenvolverase nas rúas de Sada o venres 14 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas.  

O Concello de Sada realizará unha campaña de promoción que incluirá a difusión dos establecementos comerciais participantes. Na campaña incidirase no interese xeral de realizar as compras de proximidade e da importancia de manter un comercio local vital, para encher de vida a nosa vila.

Arquivado en