13 / DEC
/ 2021
A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego pon en marcha unha campaña de Nadal co obxectivo de promocionar, dinamizar e poñer en valor o comercio local de Sada e a súa importancia para o tecido social da vila.
O Concello de Sada organizou un concurso de postais de Nadal entre a comunidade escolar da vila cuxa proposta gañadora será editada e repartida entre os establecementos participantes para obsequiar á clientela.
Dentro desta campaña tamén repartiranse etiquetas adhesivas con diferentes lemas para personalizar os envoltorios dos agasallos na nosa lingua. Ademais, para incentivar a opción das compras no comercio local, organizarase un concurso no que poderán participar todas as persoas que realicen compras superiores a 10€.
Entre os premios hai experiencias náuticas pola Ría de Sada, cestas gourmet, así como complementos promocionais da vila como bolsas de algodón ou paraugas entre outros.