A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector comercial e empresarial do Concello de Sada, co obxetivo de promocionar e potenciar o comercio local e o consumo de proximidade neste municipio, pon en marcha a campaña "Nadal Distinto, nadal en Sada" na que poderá participar calquera establecemento comercial que o solicite
Solicitude participación en liña
Corrección Bases de Participación: Á vista do Decreto 2154/2018, de 19 de novembro, polo que se aprobaban as bases de participación na campaña “Nadal distinto, Nadal en Sada 2018” e a vista da boa acollida entre os comerciantes sadenses, a quen vai dirixida dita campaña, a proposta da Concellería Delegada de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, esta Alcaldia resolve:
1.- Modificar o punto nº5 das Bases de Participación relativo á difusión do material e da participación, onde di “o material a entregar a cada participante (…), débese engadir ata fin de existencias.
2.- Modificar o punto nº6 das Bases de Participación relativo ao modo de participación: onde di “os premios de dito sorteo serán: 2.- Vale por importe de 100€ debe dicir, vale por importe de 200 €. Engadir un novo premio o 3 consistente nunha experiencia náutica valorada en 80 € aportada polo Concello de Sada.