O sábado 9 de Abril, o Natural Sport Sada de taekwondo organiza o Campionato Escolar Provincial de Técnica, Exhibición e Free-Style, en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Sada.
O Taekwondo é unha arte marcial coreano que experimentou unha gran difusión a nivel mundial. De feito, actualmente é un deporte olímpico na súa modalidade de combate. Isto permitiu un gran desenvolvemento, a través do investimento en medios, tecnoloxía e a inclusión de persoal cualificado. Aínda que o combate é a modalidade olímpica, non é a única práctica que ofrece o taekwondo. Proba diso é a organización deste campionato, que ofrecerá as modalidades de Técnica, Exhibición e Free-style.
A técnica, é a vía de aprendizaxe das posicións fundamentais do taekwondo, tanto de perna, brazos como posicións. A técnica realízase a través dos pumses, que son secuencias de movementos, previamente establecidas e estandarizadas a nivel mundial, que simulan o combate contra adversarios imaxinarios. O fin destes é a interiorización das posicións fundamentais, e o desenvolvemento da coordinación e a lateralidad. Esta será unha competición de pumses baseadas nun regulamento técnico que valora a correcta execución, a estética e a harmonía.
A exhibición consiste na execución de coreografías orixinais de elaboración propia, realizadas ao ritmo da música, que inclúen elementos técnicos, acrobacias e rompimientos espectaculares. Posúe un alto potencial educativo, tanto a nivel motriz como de valores, posto que o traballo en equipo é fundamental para o resultado final.
O freestyle de taekwondo recolle os puntos esenciais da técnica e engádelle a beleza estética da incoporación da música e pumses innovadores.