O sábado 20 de novembro terá lugar no pavillón polideportivo de Sada o Campionato Galego Ximnasia Artística 2021 Feminina e Masculina, organizado pola Federación Galega de Ximnasia, Concello de Sada, Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña
A asistencia de público será libre sin necesidade de rexistro previo pero co cumprimento das medidas expostas a continuación.
A competición e a asistencia de público está organizado en quendas co fin de evitar a masificación de persoas minimizando así o risco de contaxio, polo que se deben cumplir estrictamente os horarios de acceso e saída da instalación.
No momento de acceder á instalación procederase á desinfeccións de mans.
Durante a competición o público debe permanecer sentado na grada habilitada para eles.
Non está permitido comer na instalación. A inxesta de auga está permitida empregando envases individuais non puidendo rechearse nin compartirse na instalación. Unha vez empregadas guardar as mesmas en sitio persoal e si son de uso único deberán ser debotadas unha vez empregadas evitando deixar as botellas valeiras na instalación.
Evitarase na medida do posible o contacto físico con outras persoas.
O uso de máscara é obrigatorio en todo momento. O público deberá levar a suficiente cantidade de máscaras para tal efecto, cumpríndose estrictamente as indicacións de uso.
O horario poderá sufrir modificación según ritmo da competición.
O público asistente no caso de mostrar individualmente unha conducta ou comportamento de incumprimento das normas e/ou medidas de seguridade para evitar contaxios por COVID-19 poderá ser expulsado do recinto por decisión de quen actúe como autoridade deportiva.