17 / XUN / 2019
O Club SASA Salvamento Sada organiza no mes de xullo o CAMPUS DE SALVAMENTO.
EN QUE CONSISTEN AS ACTIVIDADES:
- CARREIRA CON TÁBOA DE SALVAMENTO: Pretendemos dotar os nenos e nenas das habilidades precisas para o manexo do material dentro do medio acúatico, intentando simular situaciónsreais da competición, ou de rescates. Sempre dende un efoque lúdico e primando a seguridade dos participantes
- Bandeiras: Consiste nunha proba na que a velocidade de reacción e movemento son a chave. Tras un estimulo sonoro, o/a deportista reaccionara e correra 20 m até coller unha bandeira
- Análise do entorno para o disfrute da Praia:Pretendemos dotar os participantes dos coñecementos básicos, para distinguir correntes e como actuar ante elas. Para así poder disfrutar das praias coa maior das seguridades. Sempretendo en conta as recomendacións dos socorristas ou autoridades pertinentes.
- Primeiros Auxilios : Dotar os participantes dos coñecementos básicos para poner en practica o protocolo PAS ( protexer, avisar, socorrer) e como actuar ante certas situación.
Lugar da actividade:
- Praia de Cirro - https://goo.gl/maps/eLmFcZt1VcBrLjwP9 - A Praia atopase no Concello de Sada, na localidade de Veigue. Xusto o final da via ártabra.
Quendas:
- 1º quenda:2 de xullo até 16 de xullo
- 2º quenda: 17 de xullo até 30 de xullo - * 25 de xullo non haiactividade, por ser festivo autonómico
Método de inscripción:
- A través do seguinte formulario
Custo da actividade:
- 50€ por participante. A ingresar na conta do clube unha vez formalizada a inscrición