Outro ano máis, o Club Atletismo Sada organiza un Campus Deportivo de Verán para nen@s nacid@s entre 2006 e 2013, cunha gran variedade de actividades e que conta coa colaboración da concellaría de Deportes
No Campus Deportivo de Verán do Club Atletismo Sada realizaranse:
- Xogos pre-deportivos
- Dinámicas de campamento
- Probas de atletismo
- Manualidades
- Saídas á praia
Cada campus terá unha duración dunha quincena, con horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres:
- 1ª Quincena - Do 24 de Xuño ao 5 de Xullo
- 2ª Quincena - Do 8 de Xullo ao 19 de Xullo
- 3ª Quincena - Do 22 de Xullo ao 2 de Agosto
- 4ª Quincena - Do 5 de Agosto ao 16 de Agosto
- 5ª Quincena - Do 19 de Agosto ao 30 de Agosto
No caso de que se cubran todas as prazas e siga habendo solicitudes, crearase unha lista de espera para aquelas quincenas que teñan cuberto a cota de prazas. En canto quede unha praza libre, cubrirase segundo a orde de inscrición nesta lista de espera.
As tarifas son:
- 80€ por niñ@ e quincena
- 10% desconto ao primeiro herman@
- 20% desconto ao segund@ herman@
- Número máximo de prazas: 35 niñ@s / quincena
Podedes solicitar máis información sobre o campus no correo electrónico campus@clubatletismosada.com ou nos seguintes teléfonos: 675093346 / 675093523
IMPORTANTE: Antes de realizar o pago para obter a praza, é necesario realizar a preinscrición a través do fomulario e recibir instrucións dos monitores.