Churrascada, mexillonada, festa da cervexa e un xantar-baile para celebrar tres días de festa.
Sada 25 novembro
A parroquia de Carnoedo quere recuperar as tradicionais festas de San Andrés e desde a asociación de veciños Armental prepararon tres días de actividades e gastronomía na honra ao patrón da parroquia.
O venres 27 de novembro na escola de Carnoedo, lugar onde se celebrarán todas as actividades, terá lugar unha gran churrascada a partir das 20:00 horas para dar paso á primeira verbena a cargo do Dúo Calú.
A misa na honra a San Andrés terá lugar o sábado ás 13:00 horas e pola tarde a partir das 20:00 horas celebrarase unha mexillonada e a festa da cervexa todo iso amenizado pola verbena da orquestra Palladium e Carlos Manteiga.
Finalizarán o tres días de festa o domingo 29 cun xantar-baile de confraternidade ás 13:30 horas cun menú que se compón de callos, codillo ou xarrete, sobremesa, refrescos ou auga e café. O recinto contará cunha carpa por se as inclemencias meteorolóxicas son adversas e o xantar-baile estará amenizada por Carlos Manteiga