Gustaríache darlle o teu toque persoal á obra de Carvalho Calero? Agora podes! Co gallo do Día das Letras Galegas 2020, o Concello de Sada convoca o certame de microrrelatos en galego “(Re)inventando Carvalho Calero”, un concurso que ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de narrativa. Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade. Non o penses máis e anímate a participar!
Bases BOP (RE)INVENTANDO CARVALHO CALERO
REQUISITOS
- Só se admitirán textos escritos en galego.
- Os microrrelatos terán unha extensión máxima de 250 palabras e presentaranse en formato PDF con espazo duplo e cunha fonte de 12 puntos de tamaño.
- Todos os traballos deberán ter un título.
- Os microrrelatos deberán comezar cun fragmento procedente dunha obra narrativa de Carvalho Calero. Os fragmentos están dispoñíbeis nas bases do certame.
- Os textos serán anónimos e terán de ir acompañados dunha folla de inscrición cos correspondentes datos persoais e de contacto (ver ligazón abaixo).
PARTICIPANTES
- Pode participar calquera persoa, independentemente da súa idade.
- Estabeleceranse 3 categorías:
- 1ª Categoría (até os 13 anos)
- 2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos)
- 3ª Categoría (18 anos ou máis)
PREMIOS
- Concederase un premio único en cada unha das tres categorías, que consistirá nun eBook e un lote de libros.
ENVÍOS
- O texto e a folla de inscrición presentaranse en formato dixital e enviaranse por correo electrónico ao enderezo cultura@sada.gal, indicando no asunto Certame de Microrrelatos “(Re)inventando Carvalho Calero”.
INSCRICIÓNS
- Até o 27/11/2020