Gañadores do Concurso:
1ª Categoría (ate 13 anos) - O premio fica deserto
2ª Categoría (de 14 a 17 anos) : "Saudade de Nós" - Lúa Figueira Lago
3ª Categoría (18 anos ou máis) : "A crise das marabillas" - Brenda Gónzalez Fernández
“(Re)inventando Xela Arias” é un certame de poesía en galego que ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de poesía, así como dar a
coñecer a figura de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.
Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade.
As persoas que quixeran participar poderán crear unha poesía inspirada na obra literaria desta autora.
Co gallo do Día das Letras Galegas 2021, o Concello de Sada convoca o certame de poesía en galego “(Re)inventando Xela Arias”, un concurso que ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de poesía. Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade. Non o penses máis e anímate a participar!
INSCRICIÓNS
- Dende o 14/05/2021 até o 31/05/2021
REQUISITOS
- Só se admitiran textos escritos en galego.
- As poesías terán unha extensión máxima de 50 versos e presentaranse en formato PDF con espazo duplo e cunha fonte de 12 puntos de tamaño.
- Todos os traballos deberán ter un título.
- As poesías deberán comezar cun fragmento procedente dunha obra de Xela Arias. Os fragmentos están dispoñíbeis nas bases do certame.
- Os textos serán anónimos e terán de ir acompañados dunha folla de inscrición cos correspondentes datos persoais e de contacto (ver ligazón abaixo).
PARTICIPANTES
- Pode participar calquera persoa, independentemente da súa idade.
Estabeleceranse 3 categorías:
- 1ª Categoría (até os 13 anos)
- 2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos)
- 3ª Categoría (18 anos ou máis)
PREMIOS
- Concederase un premio único en cada unha das tres categorías, que consistirá nun eBook e un lote de libros.
ENVÍOS
- O texto e a folla de inscrición presentaranse en formato dixital e enviaranse por correo electrónico ao enderezo sada.cul@sada.gal, indicando no asunto Certame de Poesía “(Re)inventando Xela Arias”.