18 / SEP / 2017
Os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro celebrarase en Sada a terceira edición da Cervefeira, a Feira da Cervexa Artesá de Sada, organizada pola concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.
A cita terá lugar na Praza Irmáns Suárez Picallo na que instalarase unha carpa onde poderanse degustar 30 cervexas diferentes elaboradas por artesáns das catro provincias galegas. Completa a oferta gastronómica a instalación de diferentes food-trukcs con distintas aportacións da cociña galega e internacional.
O programa da III Cervefeira de Sada complétase con actuacións musicais e un torneo de fútbol Gaélico.