Cogomelos, xabaril e filloas entre as propostas do Outono de Tapas de Sada

22 / OUT / 2019

Cogomelos, xabaril e filloas entre as propostas do Outono de Tapas de Sada

-Sada celebra do 8 ó 10 de novembro a 7ª edición do concurso Outono de Tapas onde 22 establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán as súas ofertas culinarias.

Sada, 22 outubro 2019

A sétima edición do Outono de Tapas propónnos un paseo culinario polos aromas do outono con innovadoras propostas gastronómicas como roliños crocantes de gambas e cogomelos, xabaril estufado con puré de cabaza, pastel de carne e cogomelos do bosque, croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada ou filloas de outono.

Vintedous establecementos serán os participantes nesta nova edición do concurso culinario, onde a imaxinación dos restauradores non ten limite. Materia prima local e produtos propios da tempada de outono son a base das exquisitas creacións desta cociña en miniatura. Cogomelos, castañas, grelos, xabaríl ou cabaza entre moitos outros, farán as delicias de todos. As tapas serviranse coas consumición ao prezo dun euro. 

O Concello de Sada, dende a concellería de Promoción Económica renova a aposta por este tipo de accións para impulsar o sector hostaleiro e o turismo en Sada, e espera repetir o éxito de edicións pasadas. 

A participación estivo aberta a todos os hostaleiros do municipio e os establecementos participantes nesta sétima edición serán A Lagoa, A Nosa Viña, a Xeitosiña, Café Bar Antoxos, Albayzim, Casapueblo Restaurante, Cobh, Covad´anca, Decanta-t, El Canalla, El Chiringuito, Faísca-A Marola, Jamonería Edu´s, Nordeste, Mesón Riobao, Muelle 33, Ría de Sada, Taberna A Perla, Va Bene, Vinoteca Go-Go, Vivamus ou Zumolandía.

A Concellaría agradece ós 22 participantes que se sumasen á iniciativa e xa traballa na súa promoción. Ademais, os restauradores optarán a varios premios, os outorgados por un xurado formado por expertos na materia e os outorgados pola votación do público.  Poderase votar a través das urnas que se atoparán nos locais e tamén a través do grupo de Facebook  “Eres de Tapas de Si…”.  

PROPOSTAS DA HOSTALERÍA LOCAL OUTONO DE TAPAS 2019 (8 ao 10 Novembro)

A LAGOA - Xiba en Tinta

A NOSA VIÑA - Petitono

A XEITOSIÑA - Faceiras de Outono

ALBAYCIM - Croqueta de polo de curral con cogomelos de tempada

CAFÉ BAR ANTOXOS - Calaseta

CASAPUEBLO RESTAURANTE - Champiqueixo

COBH - Sorpresa de cogomelo

COVAD´ANCA - Abocad@s

DECANTA-T - Bocado sopresa de Magosto

EL CANALLA - Trampicallos

EL CHIRINGUITO - Croquemix

FAÍSCA-A MAROLA - Filloas de Outono

JAMONERÍA EDU´S - Roliños crocantes de gambas e cogomelos

MESÓN NORDESTE - Outono

MESÓN RIOBAO - Xabaril estufado con puré de cabaza

MUELLE 33 - Delicia de Outono

RÍA DE SADA - Capricho de Cogomelos

TABERNA A PERLA - Niño de paspallás manchego

VA-BENE - Pastel de carne e cogomelos do bosque

VINOTECA GO-GO - Tosta outonal

VIVAMUS - Outono Vivamus

ZUMOLANDIA - Xamón asado á galega

Arquivado en