A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, un autobús que estará na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada xoves 28 e venres 29 de abril así como o luns 2 e martes 3 de maio, para ofrecer consultas de audiología, podoloxía e estimulación da memoria.
Que servizos préstanse?
Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
Servizo de audiología: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.
Cando estará en Sada?
Xoves 29 , venres 29 de abril e luns 2 e martes 3 de maio.
Como pido cita?
Pode solicitar cita previa no teléfono 622748283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.