COMEDORES ESCOLARES CURSO 2022-2023

03 / OUT / 2022

COMEDORES ESCOLARES CURSO 2022-2023

Criterios e o baremo que se han de seguir para adxudicación de praza no srevizo de comedor escolar en CEIP Pedro Barrié de la Maza e CEIP Sada y Sus Contornos para o curso 2022-2023

MENÚS

MENÚ COMEDOR SADA Y CONTORNOSJUNIO 2023

MENÚ COMEDOR BARRIE DE LA MAZA JUNIO 2023

MADRUGADORES SADA Y CONTORNOS 2023

MADRUGADORES BARRIÉ DE LA MAZA 2023

 

COMEDOR CEIP SADA Y CONTORNOS

Debido a que aínda non se ten coñecemento de cambios no protocolo de grupos de convivencia nos centros educativos e por extensión nos comedores escolares, a lista de admitidos e admitidas conta co número exacto das 50 prazas que están estipuladas para este colexio á espera de organizar os grupos e as quendas no comedor. Posiblemente poidase aumentar o número de prazas pero ata que non existan novas indicacións da Consellería de Educación este é o cupo actual.

Nas solicitudes tívose en conta o baremo xa publicado e tamén o IPREM establecido para o ano 2021. Todas as solicitudes están expostas por orde en relación a este baremo.

Calquera novidade publicarémola na páxina do Concello e daremos traslado ao centro educativo para a súa divulgación.

 O servizo de comedor iniciase o vindeiro xoves día 08 de setembro e o de madrugadores o venres día 09 de setembro.

LISTADO DEFINITIVO ALUMNADO ADMITIDO COMEDOR ESCOLAR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS CURSO 2022

LISTADO DEFINITIVO ALUMNADO ADMITIDO NO SERVIZO DE MADRUGADORES CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA CURSO 2022

LISTA PROVOSIONAL DE ADMITIDOS E ADMITIDAS COMEDOR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS CURSO 2022

LISTA DE AGARDA COMEDOR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS CURSO 2022

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS E ADMITIDAS SERVIZO DE MADRUGADORES CEIP SADA Y SUS CONTORNOS CURSO 2022

 

COMEDOR CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA .

As solicitudes presentadas están todas admitidas. Na vindeira semana publicaremos os datos das citadas solicitudes por se houbese algún erro nas mesmas.

Todas as solicitudes presentadas ao servizo de madrugadores tamén están admitidas.

 O servizo de comedor iniciase o vindeiro xoves día 08 de setembro e o de madrugadores o venres día 09 de setembro.

LISTADO ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR DO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA CURSO 2022

 

APLICACIÓN COLECHEF

No contexto de melloras estratéxicas do servizo de comedores escolares realizase un conxunto de melloras descritas neste documento fomentadas na análise do uso da aplicación de Colechef e o feedback recibido por parte das usuarias/os.

DESCARGAR

SOLICITUDE PRAZA COMEDOR CURSO 2022-2023

Ademais da documentación que se especifica para os criterios, deberase entregar tamén o MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA DE COMENSAL debidamente cuberto e asinado e que se presentará por rexistro de entrada no Concello de Sada.

No caso de intolerancias ou alerxias á solicitude deberase engadir un Certificado Médico acreditativo das citadas circunstancias

En casos de empate, atenderase, en primeiro lugar, á renda familiar, favorecendo a admisión ao servizo dende as rendas máis baixas ás  máis elevadas.

*En caso de matrícula fóra do prazo, sempre que existan prazas libres, será o Concello o que, por motivos de organización, determine a data na que poderácomezar no servizo, que xeralmente coincidirá co inicio do mes seguinte á solicitude cursada.

 

Para que a matrícula sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes:

1º) Cubrir e imprimir o impreso de inscrición e entregar a documentación acreditativa correspondente.

 

BAREMO

SITUACIÓN DE OCUPACIÓN DOS MEMBROS PARENTAIS:

  • Pai (ou titor): 7 puntos
  • Nai (ou titora): 7 puntos
  • Pai (ou titor) e nai (ou titora) con ocupación laboral simultánea: 14 puntos
  • Pai/nai/titor/titora que non está en situación de ocupación pero o estivo máis de 3 meses durante os últimos 12 meses e tamén é demandante de emprego: 5 puntos

 

SITUACIÓN FAMILIAR:

  • Condición de familia numerosa, sempre que estes sexan usuarios ou usuarias do comedor: 2 puntos
  • Pertenza a un colectivo de exclusión social, ou circunstancia familiar grave debidamente acreditada (nai solteira adolescente, proxenitor/proxenitora en prisión, situación de acollida, orde xudicial de afastamento): 2 puntos
  • Nai/pai/titor/a, solteiro/solteira, viúvo/viúva, separado/separada ou divorciado/divorciada, que en solitario atenda ás necesidades cotiás do/da neno/nena: 8 puntos
  • Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais: 8 puntos
  • Por irmá/irmán con praza renovada no servizo: 5 puntos

Tamén se terán en conta as necesidades do servizo por parte do usuario, recibindo a puntuación acorde á seguinte táboa:

  • Asistencia de 5 días á semana: 5 puntos
  • Asistencia de 4 días á semana: 4 puntos
  • Asistencia de 3 días á semana: 3 puntos
  • Asistencia de 2 días á semana: 2 puntos
  • Asistencia de 1 día á semana: 1 punto

*Nos casos de custodia compartida nos que un dos proxenitores ou proxenitoras non precise o servizo e o outro si, entenderase esta puntuación en termos absolutos dentro dos días ao mes que se precise o servizo.

 

DOCUMENTACIÓN:

Á solicitude de inscrición e renovación de inscrición ou renovación deberán achegarse os seguintes documentos:

  • Certificado Oficial de empresa, debidamente selado e asinado, do horario laboral desempeñado no posto de traballo.
  •  Documentación acreditativa do estado familiar excepcional (monoparental, numerosa…)
  • Documentación da última declaración da Renda ou documento acreditativo de non obrigatoriedade.
  • Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.
  • Xustificante da conta bancaria debidamente selado pola entidade.

 

 PRAZO:

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

 

Arquivado en